domingo, 16 de junio de 2013

A NOSA CHARCA

Ai cantas cousiñas aprendemos na nosa charca: coñecemos os seres vivos que nela habitan, os alimentamos, observamos, escoitamos, coidamos....

Aquí a clase da profe María Mahía viñeron a observar os nenúfares comparando a flor pola mañá (pechada) e máis ó mediodía (aberta).

 Os nenos de 3 anos A coa profe Miriam tamén desfrutaron da charca....

Dando de comer ós peces e ás tartarugas...
 ...observando e escoitando as ras que tanto cantan a primeira hora.



Esta é a zona onde máis lles gusta estar ás ras.

Vimos tamén a muda dunha libélula que saíu voando na súa metamorfose, deixando a muda tal e como a vedes.  


Con estas tres fotos vamos achegándonos ó lugar onde está a muda da libélula.

Tamén Sabela presentounos o outro día á súa tartaruga...mírade que grande é!!! Vive no xardín da súa casa e é moi cariñosa..
 Mirade que contenta está coa súa tartaruga e coa súa profe Silvia!!!


Tanto nos gusta a nosa charca que a profe Lourdes e as nenas e nenos da súa clase fixeron un mural da mesma. Gústache???
Xoga con nós: Conta cantas ras hai, de que cor son?, cantas hai sobre o nenufar?, cantas hai fóra da charca?, cantas dentro?, de que cor son?

Agora...xoga a atopar a ra...


pista 1: só hai unha
pista 2: sobre un nenúfar




No hay comentarios:

Publicar un comentario