miércoles, 31 de octubre de 2012

Festa do Samaín

O mércores 31 de outubro festexamos no CEIP Rabadeira a festa do Samaín.





Como ben presentaron as nosas bruxas-presentadoras os nenos e nenas de infantil bailamos e cantamos as seguintes cantigas:

3 anos-"Os monstriños", unha danza terroríficamente monstruosa onde os vampiros e bruxas máis pequenos fixéronnos rir a todos..

 
 


4 anos-"Los esqueletos" onde bailamos todo ó ritmo das horas do reloxo.

 


5 anos-"Danza macabra", un fermoso e díficil vals para os máis maiores de Infantil.


A continuación acendemos as cabazas que trouxeron da casa e escoitamos o conto de "Corre corre cabaciña".



Por último cantamos todos xuntos a canción do Samaín poñendo especial énfase no "Tumba por aquí, tumba por alá....jajajajajajaja" dábamos pavor.
 
 

martes, 23 de octubre de 2012

domingo, 21 de octubre de 2012

OUTONO

A NOSA EXPOSICIÓN DE FROITOS DE OUTONO
EN EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP RABADEIRA FOMOS OBSERVAR OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NO NOSO COLE COA CHEGADA DO OUTONO:CAEN AS FOLLAS, AS LANDRAS, CAMBIAN AS CORES DA PAISAXE...E ESTAS SON ALGUNHAS DAS COUSAS QUE RECOLLEMOS.